domingo, 8 de diciembre de 2019

A HOAX DO CAMBIO CLIMÁTICO

Que é un ‘fake’, unha hoax e unha ‘fake new’?
Fake é un anglicismo que literalmente significa falso. No ámbito tecnolóxico dícese dun vídeo, foto… que é falso, e dicir, unha montaxe ou algo sacado de contexto.
Hoax é tamén un anglicismo que se traduce ao español como bulo, que é un engano masivo que xeralmente se transmite a través das redes sociais.
Unha Fake New é unha nova falsa, que normalmente se transmíte a través de Internet.


Actualmente estos termos teñen moita repercusión na actualidade, xa que podes atoparte con cantidade de noticias falsas. De feito ata hai páxinas onde podes crealas ti mesma. Isto que parece insignificante pode ser un problema bastante grave, xa que agora calquera pode acceder ás redes, e podes encontrarte estas noticias sen saber se son verdadeiras ou non, o que crea un problema de desinformación.
Como hai montóns destas falsedades imos falar dunha, na miña opinión, que e das máis graves; a negación de que o cambio climático existe. Para comezar, primeiro hai que ter claro que é o cambio climático:
É o aumento observado en máis dun século da temperatura do sistema climático da Terra e os efectos dese aumento. Múltiples liñas de probas científicas demostran que o sistema climático está a quentarse.  O causante é maiormente a influencia humana, producindo emisión de gases de efecto invernadoiro como o dióxido de carbono, metano e óxidos de nitróxeno. Hai potenciais para reducións futuras das emisións mediante unha combinación de actividades, tales como a conservación de enerxía e o aumento da eficiencia enerxética; o uso de tecnoloxías de enerxía baixa en carbono, como a enerxía renovable, a enerxía nuclear… 


O cambio climático actual  comezou fai uns 180 anos, co comezo da Revolución Industrial. Dende entón fóronse acumulando na atmosfera gases de efecto invernadoiro, chegando ata o punto de romper o equilibrio natural da Terra. Aínda que é verdade que sempre houbo cambios climáticos no noso planeta, o ser humano o que está a facer é empeoralo, por exemplo, mediante a deforestación, a intensificación da gandaría ou o uso de combustibles fósiles. 

A pesar de que a maioría dos científicos creen no cambio climático e afirman que a influencia humana é a causa dominante deste quecemento, tamén os hai escépticos, que coas súas teorías sobre este fenómeno alimentan o negacionismo dos que non queren admitir que este é un feito real. Os principales negacionistas atópanse na parte máis conservadora do Partido Republicano de EE UU, con Trump á cabeza e grupos similares de Australia e Europa. Estes poñen excusas como que non se ten suficientemente en conta a influencia do Sol ou  a capacidade de absorción da calor e dióxido de carbono dos océanos.
A principal causa deste negacionismo son os seus propios intereses, poñamos de exemplo a EE UU: fai pouco retirouse do Tratado de París, no cal se acordaba que a temperatura mundial non podía subir máis de 1.5 graos, é dicir, que as emisións de CO2 deberán de ser cero a partires do 2050. EE UU non avanza por unha senda sostenible debido aos empresas de petróleo e gas, os cales invirten moito diñeiro, por iso se opoñen a todo o que teña que ver coa reducción do CO2.
O presidente ruso, Vladimir Putin,  afirmou en varias ocasiones que o temor occidental ao cambio climático é un fraude, pensado para frear o desarrollo industrial de países como Rusia. De feito dixo en 2003: “As temperaturas máis cálidas permitirán aos rusos gastar menos en abrigos de pel, mentres que a produción de trigo aumentará, e para iso lle rendimos grazas a Deus”. O que é unha mostra de ignorancia cara as consecuencia do quecemento.                       

Concluímos coa teoría de que o único motor que move o negacionismo do cambio climático é o lucro persoal sen ter en conta o benestar de outros seres vivos, e do noso planeta. Tamén amosa a falta de visión de futuro xa que estímase que nun futuro cercano Suiza reduciría a súa economía  un 12%; Xapón, India e Nova Zelanda un 10%; Rusia un 9%, Reino Unido un 4%, Estados Unidos perdería un 10,5% do seu PIB en 2100 e a economía de Canadá caerá un 13%. Polo que os/as grandes empresarios/as e os gobernos so están mirando polo seu propio ben e ademais a curto prazo.


E por último paréceme importante aclarar que este tipo de falsedades, e todas en xeral son difundidas por interese propio, tanto económico, político, de odio(dos máis perigosos)... Para combatirlas se encontras unha noticia que semella ser falsa o que hai que facer é informarse, buscar as fontes da noticia, comparar unhas con outras, etc



Bibliografía:






sábado, 19 de octubre de 2019

Identidad 2.0

Resultado de imagen de identidad 2.0 imagenesIdentidade 2.0, tamén chamada identidade dixital, é a revolución anticipada da verificación da identidade en liña utilizando tecnoloxías emerxentes centradas ao usuario  talmo o estándar  OpenID ou Microsoft Windows  CardSpace. Atópase en teoría da Web 2.0, onde salienta nun modo simple e aberto método de identificación en transacción do proceso é similar ao mundo real.

Identidade 2.0 ou identidade dixital é todo o que manifestamos no ciberespazo e inclúe tanto as nosas actuacións como a forma na que nos perciben os demais na rede”.

Musicales

Ademáis de grupos e bandas tamén exiten os musicales, un xénero que combina música, cancións, diálogo e baile, e adóitase representar en grandes escenarios.
Hai moitas películas musicales que se presentan no cine, pero eu quero falarvos e sobre os clásicos musicales de Broadway, en concreto tres dos meus favoritos.

Empezando polo número tres da miña lista de favoritos, temos a Chicago, un dos maiores clásicos de Broadway e cunha adaptación cinematográfica realizada en 2002. Foi escrito por Fred Ebb e Bob Fosse. Esta ambientado na propia cidade de Chicago durante a era do jazz. A historia é unha crítica á corrupción do sistema xudicial e ao concepto de criminais estrelas explicado mediante a vida da artista e asasina Roxie Hart.

Resultado de imagen de chicago el musical

En segundo lugar está Be More Chill, unha adaptación por Joe Iconis, do libro escrito por Nid Vizzini. O musical trata sobre a vida do adolescente Jeremy Heere, un "perdedor" do cal se burlan no seu instituto ata que se toma unha supercomputadora en forma de pastilla chamada SQUIP coa cal conseguirá converterse nun mozo popular e intelixente.

Resultado de imagen de be more chill l musical

Por último, e polo tanto o meu favorito é Hamilton. Este músical de 2h e 50min foi creado por Lin-Manuel Miranda, que retrata a vida do pai fundador dos Estados Unidos Alexander Hamilton.
O que me gusta deste musical e que non se limita ás típicas melodías de jazz dos musicales, se non que Lin-Manuel integrou o hip-hop. Ademáis, penso que os cantantes desta obra teñen unhas voces moi poderosas e encaixan perfectamente cos personaxes.

Resultado de imagen de hamilton musical

Se queres máis información, ou descubrir outros musicales podes visitar a web oficial de Broodway.

lunes, 14 de octubre de 2019

Grupo favorito

A pesar do indecisa que son e de todas as variedades de música que escoito, hai un grupo que me cautivou. Este ten como xénero musical principal o rock, pero as súas cancións varían, utilizando outros xéneros como o pop, ópera, gospel...
Este grupo é Queen, a famosa banda británica dos anos 70. Por aquí deixareivos a miña canción favorita, que ademáis de ser unha das máis famosas a min paréceme preciosa.



Benvidos!

Ola a todos! Benvidos ao meu blogue, o meu nome é Antía e nesta primeira publicación quero presentarvos o meu blogue, onde falarei principalmente sobre música, e todo o que esta abrangue.

Despídome por agora, vémonos na seguinte publicación!