sábado, 19 de octubre de 2019

Musicales

Ademáis de grupos e bandas tamén exiten os musicales, un xénero que combina música, cancións, diálogo e baile, e adóitase representar en grandes escenarios.
Hai moitas películas musicales que se presentan no cine, pero eu quero falarvos e sobre os clásicos musicales de Broadway, en concreto tres dos meus favoritos.

Empezando polo número tres da miña lista de favoritos, temos a Chicago, un dos maiores clásicos de Broadway e cunha adaptación cinematográfica realizada en 2002. Foi escrito por Fred Ebb e Bob Fosse. Esta ambientado na propia cidade de Chicago durante a era do jazz. A historia é unha crítica á corrupción do sistema xudicial e ao concepto de criminais estrelas explicado mediante a vida da artista e asasina Roxie Hart.

Resultado de imagen de chicago el musical

En segundo lugar está Be More Chill, unha adaptación por Joe Iconis, do libro escrito por Nid Vizzini. O musical trata sobre a vida do adolescente Jeremy Heere, un "perdedor" do cal se burlan no seu instituto ata que se toma unha supercomputadora en forma de pastilla chamada SQUIP coa cal conseguirá converterse nun mozo popular e intelixente.

Resultado de imagen de be more chill l musical

Por último, e polo tanto o meu favorito é Hamilton. Este músical de 2h e 50min foi creado por Lin-Manuel Miranda, que retrata a vida do pai fundador dos Estados Unidos Alexander Hamilton.
O que me gusta deste musical e que non se limita ás típicas melodías de jazz dos musicales, se non que Lin-Manuel integrou o hip-hop. Ademáis, penso que os cantantes desta obra teñen unhas voces moi poderosas e encaixan perfectamente cos personaxes.

Resultado de imagen de hamilton musical

Se queres máis información, ou descubrir outros musicales podes visitar a web oficial de Broodway.

No hay comentarios:

Publicar un comentario